Normasortogrficas Do Galego.pdf

(152 KB) Pobierz
Microsoft Word - Normas_Modifica.doc
C AMBIOS NO NOVO TEXTO DAS N ORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS
DO IDIOMA GALEGO , APROBADAS POLA R EAL A CADEMIA G ALEGA , EN SESIÓN
PLENARIA DO DÍA 12 DE XULLO DE 2003, CON RESPECTO Ó TEXTO DA EDICIÓN
DE 1995.
1. Léxico:
No texto das Normas os substantivos vocal e estudio pasan a vogal e estudo , e
o verbo estudiar pasa a estudar .
2. O alfabeto
a) O nome da letra <q> pasa a ser que
b) O nome dos dígrafos <ch>, <ll> e <qu> pasan a denominarse
respectivamente ce hache, ele dobre e que u.
3. Acentuación
a) Engádese a seguinte aclaración:. “Para os efectos de indicar que non forman
ditongo coa anterior, as vogais i , u tónicas non se acentúan graficamente cando
entre estas e a átona aparece o grafema h : prohibo
b) Limítase a acentuación de interrogativos que introducen interrogativas
indirectas a aqueles casos en que é necesario para evitar anfiboloxías:
"Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e
exclamativas directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?,
onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza!
Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando
introducen interrogativas indirectas ( pregúntalle cando volve, pregúntalle onde
está, preguntoulle cal quería ), agás cando for preciso para evitar posibles
anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes qué hai? / xa sabes
que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou etc."
4. Apóstrofo
Introduciuse un novo epígrafe, dedicado ao apóstrofo, permitindo a súa
utilización para a reproducción da prosodia oral, ou para respectar títulos de
obras ou cabeceiras de publicacións:
"No galego moderno non se utiliza habitualmente o apóstrofo ('), aínda que se
admite o seu uso cando se pretende reproducir fielmente a prosodia do galego
oral ou dialectal: n'é verdade, n'o fixen, ont'á noite.
Poderá usarse tamén na citación de títulos ou cabeceiras de publicacións cando o
artigo inicial se integra coas preposicións de ou en : o argumento d'A Esmorga;
iso está n'Os Eoas ."
5. Os signos de interrogación e admiración
O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado, pero só se recomenda ao
seu inicio para evitar ambigüidades e facer máis doada a lectura. A redacción
actual é a seguinte:
"A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por
medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?;
Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o
fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio
destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente.
Na orixe o signo de interrogación situábase só ao remate, e esta segue sendo a
práctica máis frecuente entre as linguas do noso ámbito. Mais hai que ter en conta que en
moitas delas a frase interrogativa contén marcas gramaticais que sinalan claramente o inicio
da interrogación, sexa un elemento oracional específico (fr. est-ce que, ing. do ou did etc.),
sexa a inversión entre o suxeito e o verbo (fr. As-tu mangé?, ing. Are you Galician? , al.
Hast du das Buch? ). Outras linguas, pola contra, carecen destas marcas gramaticais, de
xeito que, se non se sinala graficamente o inicio da entoación interrogativa, esta queda en
moitos casos sen marcar. Entre estas linguas están o portugués e o italiano (que seguen
mantendo o signo de interrogación só ao final, a pesar das dificultades de lectura que isto
supón), o castelán (que, pola contra, optou por situar un signo invertido ao inicio), o catalán
(que segue unha vía intermedia, sen que haxa acordo total ao respecto, aconsellando o uso
do signo inicial cando a súa ausencia poida supoñer un atranco á lectura correcta: se o signo
final coincide noutra liña, se a entoación interrogativa non comprende todo o texto, se non
hai un adverbio ou pronome interrogativo etc.) e o galego. Na nosa lingua, o único que
diferencia unha oración interrogativa doutra enunciativa é a distinta entoación xa desde o
inicio; para advertir o lector desta diferenza, é conveniente marcar cun signo de
interrogación o punto en que se produce o cambio cando houber calquera dúbida de
interpretación: vou contigo ao teatro, ¿ou queres que quede? ; ¿vou contigo ao cine, ou
queres que quede?
En todas as linguas as normas de uso do signo de admiración seguen as dadas
para o de interrogación.”
6. Grupos - ct - e - cc -
Suprímese a primeira consoante cando vai precedida polas vogais i e u
( condución , conflito ...). Con todo, mantense nalgúns tecnicismos e palabras
cultas de escasa frecuencia ou para evitar homonimias):
"Suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as
vogais i e u : abdución , abdutor , adución, adutor, aflición, aflito, condución,
conduta, conduto, condutor, conflito, constrición, constritivo, construción,
construtivo, construtor, contradición, contrición, dedución, dedutivo, delito,
destrución, destrutor, dicionario, distrito, ditado, ditadura, ditame, ditar, estrito,
estrutura, flutuación, flutuar, frutífero, frutificar, frutuoso, indución, indutor,
introdutor, introdutorio, lutuoso, obstrución, obstrucionismo, obstrucionista,
obstrutivo, produción, produtivo, produto, produtor, reconstrución, redución,
reduto, redutor, reprodución, reprodutor, restrición, restritivo, tradutor, vítima,
Vítor, vitoria, vitorioso, xurisdición.
Porén, convén manter esta primeira consoante nalgunhas palabras
pertencentes a linguaxes especializadas, de escasa presenza na fala ou para evitar
homonimias. Son voces como adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia,
apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicción, dicterio, dúctil, ductilidade,
ducto, edicto, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia,
ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia (e outras formas con ictio- ),
indicción , invicto, lictor, micción, nictalope, nictalopía, pictografía, pictórico (e
outras formas con picto -) , ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.
7. Semicultismos con vocalización da primeira consoante do grupo
-ct- :
A consoante implosiva vocaliza en i nos casos de reitor , cos seus derivados, e
seita (pero sectario , sectarismo ):
"Con respecto a estes grupos cultos, non se debe esquecer que hai algúns
semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i: doutor,
doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita (pero sectario,
sectarismo ); suxeitar e suxeito. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta
correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por exemplo,
en pauto / pacto. "
8. Grupo [ks]. Encontro de dous x nunha mesma palabra
Un caso especial dáse cando na mesma palabra, non composta, aparece dúas
veces x en posición intervocálica, a primeira vez co valor de [ks¡] e a segunda co
de [S]. Nestas palabras pódese optar por substituír o primeiro x por s
( esaxeración, esaxerar, esaxero, esexese, esexético, esixencia, esixente, esixir
etc.) ou ben por manter inalterado o grupo etimolóxico ( exaxeración , exaxerar ,
exaxero , exexese , exexético , exixencia , exixente , exixir etc.). Esta posibilidade
de elección non afecta aos prefixos do tipo ex- seguidos de consoante nin ás
palabras compostas, en que só cabe manter o grupo: expunxir, lexicoloxía,
toxicoloxía etc.
9. Algunhas observacións sobre a pronuncia dos grupos cultos
Introdúcese un novo epígrafe 8.18 sobre a pronunciación dos grupos cultos, no
que se prescribe o timbre aberto das vocais “ e , o cando van seguidas por un
destes grupos, e se condenan realizacións do tipo [ 'aTto], [aX'nOstiko], etc.:
"A consoante implosiva dos grupos cultos consonánticos, do tipo cc, cd, cn, x
[ks ¡ ] , ct, bc, bm, bs, bt, bv, bx, ps, pt, pn, mn, gm etc. pronúnciase xeralmente
relaxada, e mesmo pode desaparecer. Cando estes grupos consonánticos van
precedidos das vogais e ou o , estas realízanse sempre con timbre aberto [ E ], [ O ]:
obxecto [ oB'SEkto ].
Nos grupos cc, cd, cn, ct, dm, dn o primeiro elemento pronúnciase [ k ] ou [d],
con maior ou menor grao de relaxación, e mesmo pode desaparecer. Pero é
incorrecta a pronunciación deste elemento como interdental [ T ].
O primeiro elemento dos grupos cultos gm e gn pronúnciase como velar sonoro
(un g relaxado) ou mesmo como un ene velar [ N ], mais nunca como aspirado."
10. Terminacións -cio, -cia e -zo, -za
a) Mantense Galicia como forma lexítima galega e como denominación oficial
do país, pero recoñécese tamén a lexitimidade histórica da forma Galiza :
"Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, audacia, avaricia, contumacia,
delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia,
milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia, etc. Entre estas
palabras está Galicia , voz lexítima galega, denominación oficial do país e
maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma
lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi
recuperada no galego contemporáneo."
b) Amplíase a relación de voces con - zo , - za : diferenza , espazo , estanza
('estrofa'), graza , licenza , nacenza , novizo , perseveranza , presenza , querenza ,
sentenza , servizo e terzo :
"Noutras palabras o galego conserva as formas con solución patrimonial -zo, -za :
andazo, avinza, cansazo, cobiza ( cobizar, cobizoso etc.) , crenza ( descrenza ) ,
diferenza ( indiferenza ), doenza, espazo ( espazar, espazoso ) , estanza ('estrofa') ,
finanza ( financeiro ) , graza ( desgraza ), habenza, licenza, nacenza ( renacenza ) ,
novizo, perseveranza, pertenza (xunto ao cultismo pertinencia, con significado
diferente), postizo, preguiza ( preguiceiro, preguizoso ), presenza , prezo
( desprezo, menosprezo, prezar, desprezar ) , querenza ( benquerenza,
malquerenza ) , sentenza, servizo ( servizal ) , tenza ( mantenza ) , terzo ( terza, terzá,
terzar ) , xuízo ( axuizar, prexuízo ) , xustiza ( axustizar, inxustiza, xusticeiro ). A
maioría delas son formas xa amplamente documentadas desde antigo na nosa
lingua, e algunhas son préstamos que se incorporaron con esta solución ( estanza,
finanza... )."
11. Considéranse admisibles tanto - ble como - bel :
"A solución moderna para as palabras cultas que teñen o sufixo latino - BILIS é
-ble ou - bel (pl. - bles ou - beis ) . Así, amable, apetecible, bebible, estable,
indeleble, indisoluble, infalible, perdurable, preferible, realizable, soluble,
terrible, variable, xeneralizable etc.; ou amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel,
indelébel, indisolúbel, infalíbel, perdurábel, preferíbel, realizábel, solúbel,
terríbel, variábel, xeneralizábel etc.
Consecuentemente, débese escribir establecer, establecemento, restablecer e
restablecemento , ou ben estabelecer, estabelecemento, restabelecer e
restabelecemento.
A historia do sufixo - BILIS é complexa e diferente no galego e no portugués. En
textos portugueses medievais aparecen -vel e -vil (plural -viis ); máis tarde impúxose como
única forma -vel (plural -veis ). En textos galegos antigos danse as seguintes solucións (con
alternancia gráfica b/v ): para o singular , -vele ~ -bele ( estavele ~ estabele ), -vel ~ -bel
( estavel ~ estabel ) , -vil ~ -bil ( estavil ~ estabil ), - vle~ -ble ( estavle ~ estable ); para o plural,
as formas rexistradas son -vi(i)s ~ -bi(i)s ( semellavi(i)s ~ semellabi(i)s ) , -viles ~ -biles
( convenaviles ~ convenabiles ) e -veles ~ -beles ( semellaveles ~ semellabeles ). Esta última
solución é con moito a máis frecuente.
A terminación -ble (pl. -bles ) impúxose como solución xeral en todo o territorio
galego, e mesmo se documenta no norte de Portugal. Esta é ademais a solución adoptada
por outras linguas (francés, catalán, castelán...). De por parte, - bel , - beis ( amábel , amábeis )
ten tamén unha importante presenza na lingua escrita xa desde o século XIX.
A solución -bre usouse moito na literatura desde o séc. XIX ( *posibre, *amabre ) ,
debido á tendencia popular a mudar en r o l agrupado con consoante (vide 8.1). Esta, en
troques, é a única solución correcta para nobre, palabra coñecida así desde a Idade Media.
A secuencia -bil (pl. -biles ) aparece en palabras como débil, hábil, lábil, móbil,
núbil. "
12. - eo , - eu e - ao , - au
a) Engádense chapeu , romeu e xubileu á relación de palabras en - eu .
b) Engádense bacallau e pau á relación de palabras en - au .
13. - us , - um, -o
Engádense ímpeto e tribo á relación de palabras en - o .
14. Feminino dos nomes rematados en -n
a) -án / -á:
"Os substantivos e adxectivos que acaban en -án forman o feminino en -á, tanto
que procedan dun sufixo -ANU, como que teñan outra orixe etimolóxica: alazán,
alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá;
bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián,
cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá;
cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán,
escribá; gardián, gardiá; gran e gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá;
louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán,
nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa; sancristán, sancristá; sultán, sultá;
tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va;
verán; vilán, vilá.
Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para a formación de
xentilicios. Seguen este modelo afgán , afgá ; alemán , alemá ; castelán, castelá;
catalán, catalá; coimbrán, coimbrá, e, especialmente, os referidos a entidades de
poboación galegas: aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán,
bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá;
ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá;
muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán,
pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán,
ullá; vilagarcián, vilagarciá.
Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local - ao / - á : arnoiao ,
arnoiá ; burelao , burelá ; courelao , courelá ; caldelao , caldelá (do Castro
Caldelas); dezao , dezá ; lancarao , lancará ; limiao , limiá ; mariñao , mariñá (da
Mariña luguesa); masidao , masidá ; meirao , meirá ; melidao , melidá ; ribeirao ,
ribeirá (do Ribeiro) etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina
local - án en casos como unha carnotán , unha fisterrán , unha muradán etc."
b) -án / -ana:
"A terminación - án / - ana aparece nunha serie de nomes, substantivos e
adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos:
balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán,
barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán,
buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana;
cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán,
cagana; canelán, canelana; cangallán, cangallana; carallán, carallana;
carcamán, carcamana; carneirán, carneirana; carroulán, carroulana; chalán,
chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán, farfallana;
folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana;
lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán,
lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán,
mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán,
palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán,
pastrana; pelandrán, pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana;
porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán,
testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana;
zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana."
c) -ón / -oa
"Forman o feminino en -oa unha serie de adxectivos e substantivos en que - ón
non pode analizarse como sufixo : anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión,
campioa; ladrón, ladroa (que tamén ten un feminino ladra ); león , leoa; patrón,
patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa."
Zgłoś jeśli naruszono regulamin